Sunday, January 6, 2008

Flora's day

Luns 26 de novembro
Monday 26th November 2007

Erguémonos ás oito e media como estaba previsto cunha música de guitarra que aporreaba Rachel. Logo baixamos é para entrar no comedor tíñamos que poñernos en parellas facendo dúas filas (two lines) que polo visto non era moi doado para os nenos porque tardabam moito en facelo así como estar en silencio. Cando esto estaba conseguido entrábamos no comedor e cada un sentábase na mesa que lle adxudicaran ,que por certo cada unha tiña un nome de animal.
O almorzo era moi bo, pois era variado( colacao,tostadas ,manteiga,marmelada,galletas,zume..),
ao remate recllía a mesa o que lle tocaba e o monitor de día daba as instruccions pertinentes: go to the bedroom, clean your teeth, wash your hands, tidy your room and then go back at .....(hora).
Oluns foi o día da flora así que despois de colocarse cada un no equipo correspondente xunto cos seus monitores ,saímos cara ao monte. Chovía e algúns non trouxeron a roupa de auga que lle mandaramos, nin as botas de montaña, eu entre eles, polo tanto buscamos o mais axeitado e alá nos fumos. Foi unha mañá moi divertida e interesante, xa entre a choiva, as follas, o chan arcilloso e polo tanto resbaladizo, fixo que eu fora a estrela principal das caídas, e os nenos pasárono pipa vendo as miñas aterraxes. A parte didáctica foi moi interesante, xa que Galen explicáballes moi ben , aprendemos os nomes das árbores que abundan máis naquela zona, tanto en inglés, coma en galego e castelán; e así recñecemos: o carballo (oak) o castiñeiro(chestnut) o tilo (lime) e algún máis. Fixemos un bonito xogo para recoñecer as árbores ;recollemos follas, froitos,pedras e comemos mazas dunha maceira que estaba aló arriba , tan alto chegamos que parecía que o ceo estaba moi preto de nos. Voltamos cara ao albergue á hora de xantar, cansos pero contentos .
Pola tarde, como estaba chovendo viron unha película en inglés no comedor: Ratatouille .Logo xuntáronse por equipos e traballaron cos monitores facendo murais ou no seu caderno de campo. Mentres os nenos estaban cos seus grupos , Rita e máis eu fomos a dar un longo paseo ata a hora da merenda. Logo os nenos de cada colexio xuntábanse cos seus profes e ou ben nunha habitación que lle chamaban a cuadra ou no comedor cantábamos e facíamos murais ou traballos escritos sobre a nosas vivencias alí.
Pola noite xogamos fora á busca do monitor perdido e pasámolo moi ben.