Tuesday, January 8, 2008

Fauna's day

Martes 27 de novembro / Tuesday 27th November.

Son as oito e media da mañá e unha especie de música que parecía que estabamos na selva polo son que facía o tambor que Uli aporreaba espertounos. Erguémonos , aseámonos e baixamos para ir ao comedor, coma sempre as "two lines" and "silence" dábanos moito que facer. Entramos e deseguido algún preguiceiro/a asomou pola porta e puxémonos contentos porque o "chicken dance" estaba asegurado. Ao saír fomos de novo os cuartos para arreglalos e deixalos en perfecto estado de revista, xa que mentres nós estiveramos fóra, alguén faríalles unha visita de recoñecemento e cando volvésemos na porta de entrada aparecería o cartel de "GOOD" / "VERY BAD" "CLEAN YOUR BATHROOM" "THE BEST"............
Eran as once cando emprendemos a camiñata para ver a fauna da zona. Primeiro paramos nunha cuadra na que había unhos xatos moi bonitos ( calves dixo Rob), logo pasando o río parámonos nun galiñeiro, e alí vimos polos (chickens) galiñas (hens) . Os nenos tiveron que debuxar un dos animais e as sua pegada, así como o galiñeiro, e anotar por suposto en inglés as suas características( size,food). Seguimos monte arriba e atopamos as famosas vacas asturianas cos seus cencerros soando a cada movemento, os nenos tiveron que volver a facer as suas anotacións pertinentes. De volta paramos na plaza que hai diante do Colexio do pueblo e xogamos a un escondite inglés. Cando chegamos ao albergue levabamos moita fame. Pola noite xogamos fóra e pasamolo moi ben.