Thursday, January 3, 2008

Learning English in Asturias

Domingo 25 de novembro de 2007
Sunday 25th November 2007



Aínda que con retraso vou facer unha pequena recapitulación da nosa exitosa viaxe a Mestas de Con , pequena vila asturiana preto de Cangas de Onís.

Saímos do Colexio ás 11 da mañá con algo de morriña por parte de algúns e con alegría do resto para por fín disfrutar da nosa ansiada viaxe.

Paramos a comer no camiño, nun restaurante moi acolledor en Otur, na metade do camiño. Despois de comer e de estirar un pouco as pernas continuamos a viaxe. Chegamos ao noso destino sobre as cinco da tarde.

Cando chegamos alí ,os nenos do outro colexio (Portofaro de Cambre) xa estaban medio instalados. Deixamos as cousas dentro do Albergue, chamado Palacio de la Teyería (contáronnos que antes alí houbera unha fabrica de tellas) e xuntáronnos para facer unha proba para ver como andábamos co inglés.

Despois colocáronnos nas distintas habitacións, tres de cada colexio en cada unha.

Cenamos ás nove non sen antes escoitar as regras de convivencia pertinentes. Unha delas , as que nos fixo máis gracia foi que o que chegara tarde ao comedor, fose quen fose, tiña que bailar unha canción " Chicken dance" que o resto cantábamos. Casi todos tivemos que facer o "baile do polo" porque pola mañá pegábansenos as mantas. Agora no colexio cndo chego un pouco tarde fanmo bailar a min.

Despois de cear participamos, prepararon un xogo moi gracioso para que nos coñeceramos tanto profes, como nenos e monitores, que por certo eran cada un dun sitio diferente: Galen era de San Francisco, Wardy inglés, Rachel de Nueva Zelanda, Kathlin canadiense, Uli catalán pero para nos ao primeiro era de Malta (para que os nenos non lle falaran en castelá) , Rob australiano e a axudante de cocina brasileña , así que ainda parecía a Torre de Babel, unianos a lingua o "INGLÉS".
Ás once e media fómonos para a cama . Dormimos moi ben xa que estabamos cansos e aquilo é un remanso de paz.