Wednesday, January 9, 2008

Water day

Mércores 28 de novembro/ Wednesday 28th Novembro 2007

Coma todos os días erguémonos ás oito e media e fixemos a rutina diaria. Despois de arranxar os cuartos, saímos fora e esperamos ao autobús que nos ía levar a Covadonga . Primeiro subiron os que se mareaban, logo de tomar os chicles do mareo. A estrada ao principio estaba ben, pero cando comezamos a subir monte arriba, xa nos chegaba. O día estaba abraiante, parecía feito a mantenta, xa que os días anteriores estiveran regular. Chegamos ao Centro de Interpretacion do Parque Natural dos Picos de Europa, e primeiro déronnos unha pequena explicación da súa historia , alí estaban refrexados os primeiros apaixoados da montaña, que loitaron para convertilo no que é na actualidade , "unha maravilla" ; despois puxéronnos un video precioso sobre as especies tanto animais coma vexetais propias da zona ; alí estaban os osos (brown bears), os rebecos (chamois) os lobos (wolves) os zorros (foxes) os lagartos (lizards) as aguias reais (golden eagles)..... O saír de alí comezamos a camiñata monte arriba por un camiño no que cada vez que nos parabamos para coller aire e mirabamos para atrás, quedabamos coa boca aberta ante tanta beleza. Seguimos subindo ata chegar o Lago Ercina,! que espectáculo !. A xeada
apilada nos recunchos, parecía neve, e os nenos xogaron con ela.
Continuamos subindo ata que o Lago Enol apareceu con todo o seu esplendor , xa que parecía un cadro ; fomos ata a súa ribeira e mollamos as mans na auga conxelada.
Rob sacou unhas cantas fotos e volvemos a baixar ata o autobús. De volta paramos en Covadonga , e despois de ver a gruta da Virxen e dar unha volta, regresamos ao albergue con ganas de comer e descansar.