Sunday, January 13, 2008

Viaxe a Oviedo

Venres 30 de novembro 2007
Thursday 30th Novembro

Às once da mañá e logo de coller cada un o noso "picnic", saímos en autobús en dirección á capital do Principado de Asturias. A viaxe foi bonita xa que a paisaxe é preciosa. Ao chegar á capital dirixímonos á Catedral de San Salvador , que así se chama. Mentres que os distintos grupos ían entrando, o resto asentámonos no chan diante da porta principal e no noso caderno debuxamos aquela complicada fachada . Excuso decir que algún dos debuxos tiña algo de xeito, pero outros.....,bueno a intención puxemola todos.
Logo fomos a comer ao parque de San Francisco. precioso sitio, onde ao rematar xogamos uns xogamos ao fútbol e outros corremos por alí.
Pola tarde volvemos a coller o autobús para ir ver unha mina e o seu museo. Foi unha visita espectacular, xa que baixamos a 600 m. de profundidade no ascensor que os mineiros empregaban cando estaba productiva. Unha rapaza moi xeitosa, edspois de poñernos o casco pertinente foinos adentrando por aquelas estreitas galerías , primeiro explicáballe a Rachel e logo ela en inglés traducíanos o que ela lle dixera. O sonido ambiental era como si aquelo estiver en funcionamento polo que parecía que as vagonetas viñan tras de nos. Cando volvemos a subir a pé por medio de escaleiras e rampas arriba parecía que síramos do inferno por iso lembramos o dificíl e perigoso traballo dos mineiros. Chegamos xa de noite ao albergue.
Coma ao día seguinte volvíamos para a casa, mandáronnos preparar a maleta. O prblema de moit@s era "o saco de durmir"; non entraba na súa bolsa, polo tanto tivemos (Rita e máis eu) dando explicacións e axudando a facer a tarea.
Ás nove fomos ao comedor, e ......... sorpresa , estaba todo adornado con globos e serpentinas . As mesas, colocadas como si fora para unha voda, estaban cheas de pratos con: patacas fritas, queixo de Cabrales, tortilla, empanadillas, embutidos, aceitunas , bebidas e........... Puxémonos ao redor da mesa e a comer e beber(Coke, water). Cando rematamos axudamos a apartar as mesas para bailar ao ritmo da música que os nenos poñían nunha cadea de música, e ao ritmo de Paquito el chocolatero, Ryhanna,Sueño de Morfeo.......... estivemos bailando ata que nos mandaron parar e colocarnos ao fondo do comedor para entregarnos un diploma por asistir ao Programa. Aparte déronse premios: ao monitor que no xogo da noite se escondeu mellor , Rita foi a gañadora; á monitora máis vella pero con moitas gañas de participar, esa era eu "a aboa rockera", ao cuarto mellor arreglado(the best) no que estaban entre outros Miriam e Cristina Pernas entre outras que recorde agora. Logo deitámonos e aínda tardamos en durmir xa que algúns estaban moi nerviosos pola marcha.