Monday, January 14, 2008

A despedida

Sábado 1 de decembro 2007

Saturday 1st December

Despois dunha tarde-noite un pouco axetreada, cando estábamos a durmir moi relaxadamente, chamáronnos para erguernos. Os máis preguiceiros aínd tiñan as maletas sen rematar e os "sacos de durmir" sen meter nas súas bolsas, así que tivemos que botarlles unha man se non queríamos estar alí toda a mañá. Almorzamos e despedímonos dos nen@s do Colexio de Portofaro, así coma dos profesores que eran moi boa xente. Cada un colleu a súa bolsiña cos seus bocadillos e cando chegou o autobús empezamos a subir non sen antes despedirnos dos monitores, que foron estupendos . Chovía a mares, parecía que o día estaba tan triste coma algún de nós, xa que a experiencia foi extraordinaria polo menos para min ; outros en cambio estaban agardando que os deixáramos usar o tan ansiado "mobil". Paramos a comer no mesmo sitio que á ida. Chegamos a Pobra ás cinco da tarde. Tanto os nenos coma os pais estaban contentos de ver de novo aos seus fill@s que para algúns era a primeira vez que estiveran tantos días fora da casa. E colorín colorado o relato está acabado.