Tuesday, May 13, 2008

Día das Letras Galegas

Este 17 de maio adicamos o día ao escritor e mestre Xosé Mª Álvarez Blazquez. Naceu en Tui no ano 1915. No ano 1930 publicou os seus primeiros poemas : Poemas de ti e de min. Tamén escribiu relatos breves: Os ruíns. En 1946 casa con María Luisa Caccamo coa que ten seis fillos.
En 1949 é nomeado membro da Real Academia Galega. Morreu en Vigo en 1985.