Wednesday, March 12, 2008

Cinderella

English theatre at school

Días pasados a compañía de teatro "Face to Face", vella coñecida xa que hai uns anos contamos con ela, puxo en escena o conto "Cinderella" para os pequenos de cuarto, quinto e sexto de Primaria. Coma sempre foi un éxito, xa que os nenos axudaron á realización e por certo con moito éxito . Previamente nas clases de inglés dos distintos grupos traballouse o tema ,con material que a propia empresa nos enviou e que fixo que os nenos xa coñeceran vocabulario e estructuras o que nos permitiu acadar bos resultados.